Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adeus ao modo avión: os móbiles poderán usarse durante os voos

Adeus ao modo avión: os móbiles poderán usarse durante os voos

A Unión Europea permitirá en breve o acceso a redes 5G durante os voos

G24.gal 28/11/2022 17:05 Última actualización 28/11/2022 18:24

Actualmente, todas as aeroliñas instan os pasaxeiros a apagar os móbiles durante a engalaxe e aterraxe do avión.

Pero de agora en diante, as compañías poderán proporcionar a última tecnoloxía de redes 5G dentro das aeronaves.

A Unión Europea anuncia que todos os pasaxeiros a bordo de voos comunitarios poderán manter os seus dispositivos electrónicos acesos e os datos móbiles activados para poder usar as redes 5G.

Para poder ofrecer este servizo, as compañías deberán instalar unha estación rede na súa frota que permitirá o envío de chamadas e o envío de mensaxes a través dunha rede satelital a unha rede móbil terrestre.

A Comisión Europea tamén introduciu novidades para o transporte por estrada. Poderase usar a wifi con andas 5G en coches, autobuses e outros medios de transporte. Todo isto farase efectivo o vindeiro 30 de xuño de 2023, "a máis tardar".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade