Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae a rede que defraudou máis de 20 millóns de euros no IVE coa venda de teléfonos

Cae a rede que defraudou máis de 20 millóns de euros no IVE coa venda de teléfonos

No operativo foron detidas quince persoas

Bloqueáronse 146 inmobles e máis de 280 contas bancarias utilizadas para a canalización dos beneficios 

G24.gal 11/06/2025 10:51

Unha operación conxunta da Axencia Tributaria e a Garda Civil desarticulou unha organización criminal responsable da fraude de máis de 20 millóns de euros no IVE da comercialización de teléfonos móbiles por todo o territorio español.

No operativo foron detidas quince persoas, en concreto cinco en Málaga, cinco en Valencia, dúas en Madrid, unha en Sevilla, unha en Cádiz e unha en Barcelona, nos 23 rexistros practicados, segundo informaron os investigadores este mércores nun comunicado. Ademais, bloqueáronse 146 inmobles e máis de 280 contas bancarias utilizadas para a canalización dos beneficios, e os axentes interviñeron 9.000 teléfonos móbiles, máis de 200.000 euros en efectivo, 35.500 dólares en criptodivisas e 75 vehículos.

A investigación desenvolveuse sobre a actividade que viña despregando desde 2019 a organización criminal, para o que se servían dunha complexa trama empresarial de distintos niveis por todo o territorio nacional e composto por máis de 20 sociedades mercantís, incluídas tendas comercializadoras de telefonía móbil. Esta estrutura estaba deseñada para evadir o pago do imposto sobre o valor engadido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade