Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adelina, a centenaria lucense que xa é bisavoa

Adelina, a centenaria lucense que xa é bisavoa

Natural de Pantón, leva xa corenta anos vivindo en Santiago de Compostela

Son xa catro xeracións da súa familia coas que comparte lembranzas e afecto

Asegura que chegou aos cen anos grazas a comer de todo, traballar e moverse

G24.gal 18/05/2025 14:51

Adelina ingresa nese grupo de dous milleiros de persoas centenarias que fan de Galicia unha terra de lonxevidade. Santiaguesa de adopción, naceu en Galegos, un lugar do concello lucense de Pantón, e aínda que vive ao día, lembra moito a súa nenez.

Aínda que viviu varios anos en Barcelona, polo traballo do seu home acabou establecéndose en Santiago, onde xa leva corenta anos dedicándose de cheo á súa familia, que xa vai pola cuarta xeración, e pola que ten unha especial debilidade.

"Tiña moitas ganas de coñecer os meus bisnetos e Deus axudoume, que os coñezo. Estou encantada", agradece esta centenaria.

Adelina pasa o seu tempo entre televisión, encántalle o Luar, e tamén as revistas do corazón. A súa familia quería agradecerlle todo o seu esforzo e entrega ao longo de tantos anos cunha merecida homenaxe.

"Pois a festa é sorpresa. Ela non sabe moito da historia, pero queremos que teña un día para lembrar porque cen anos non se cumpren todos os días", confesa a súa neta, Fátima Núñez.

E por suposto, non podía faltar á referencia ao segredo de levar tan ben un século de vida.

"Comer normal, porque eu como de todo.  E traballar e moverse, e xa está", asegura Adelina que é a fórmula para chegar aos cen anos.

Pois só queda desexar un cumprido centenario e que a saúde a acompañe moitos anos máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade