Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizados os incendios forestais de Barreiros e de Rois, que queiman xa case 120 hectáreas entrambos

Estabilizados os incendios forestais de Barreiros e de Rois, que queiman xa case 120 hectáreas entrambos

No control do lume de Rois, que parece intencionado, traballan tres técnicos, vinte e nove axentes, trinta e unha brigadas, vinte e sete motobombas, dúas pas e medios aéreos

Tamén está controlado o incendio de Barreiros, que queima unhas 17 hectáreas

EFE / Sxenick
G24.gal 22/04/2024 20:43 Última actualización 23/04/2024 09:42

Xa está estabilizado desde esta mañanciña o incendio forestal que se declarou o luns á tarde no municipio coruñés de Rois. Segundo @incendios085, a superficie afectada rolda as 100 hectáreas.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o incendio na parroquia de Leroño está estabilizado desde as 5:21 horas do martes despois de iniciarse ás 17:54 horas do luns.

No seu control traballan tres técnicos, vinte e nove axentes, trinta e unha brigadas, vinte e sete motobombas, dúas pas e medios aéreos.

As causas do incendio non están claras pero as primeiras hipóteses apuntan á súa intencionalidade.

O vento reactivou ademais un incendio que afectou a Barreiros o pasado venres. Polo de agora descoñécese a superficie afectada nunha zona en que traballan dous axentes, seis motobombas, cinco brigadas e un helicóptero.

Tamén está controlado o lume de Barreiros, que queima unhas 17 hectáreas

Pola súa banda, pasadas as 03:30 horas quedou controlado tamén o incendio de Barreiros, que se reavivou este o luns pola tarde tras comezar a arder o venres. Calcúlase que afecta a unhas 17 hectáreas.

Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar