Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o aviso laranxa por fortes tormentas en zonas afectadas pola DINA

Activado o aviso laranxa por fortes tormentas en zonas afectadas pola DINA

A Aemet prevé acumulacións de ata 100 litros por metro cadrado en Murcia, Cataluña e na Comunidade Valenciana

Por mor da chuvia, limitouse este domingo o tránsito de persoas non residentes e voluntarias en once municipios valencianos

Aspecto dunha rúa de Utiel tras o paso da DINA. EFE/Álvaro Del Olmo Aspecto dunha rúa de Utiel tras o paso da DINA. EFE/Álvaro Del Olmo
G24.gal 03/11/2024 08:04 Última actualización 03/11/2024 10:55

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisou este sábado pola noite da posibilidade de que este domingo se produzan tormentas moi fortes no Mediterráneo, polo que activou avisos laranxas en zonas de Murcia, Cataluña e na Comunidade Valenciana.

Segundo publicou a Aemet nas redes sociais, poderían acumularse ata 100 litros por metro cadrado en áreas xa afectadas polas inundacións do día 29 e pide precaución.

Onde se agarda máis choiva é no litoral e prelitoral sur de Tarragona, no interior norte e litoral norte de Castelló e no litoral norte e sur de Valencia. Na Veiga do Segura, na Rexión de Murcia, tamén pode chover ata 100 l/m².

Precisamente por mor da choiva prevista, limitouse este domingo o tránsito de persoas non residentes e voluntarias en once municipios de Valencia afectados pola DINA, xa que a nova choiva podería complicar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade