Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acordos no G20 sobre quecemento planetario e descarbonización

Acordos no G20 sobre quecemento planetario e descarbonización

Consenso para limitar en 1,5 graos o aumento de temperatura na terra

Freo ás subvencións para centrais térmicas de carbón

G24.gal 31/10/2021 21:11

Conter o cambio climático era o obxectivo de partida deste cumio do G-20 e finalmente, tras arduas negociacións, houbo un acordo básico, máis nominal ca outra cousa. Os participantes consensúan conter o quecemento global en 1.5 graos con respecto á temperatura que había na terra antes do comezo da Revolución Industrial.

Na declaración final fálase da ratificación dos acordos de París, pero non se explicitan accións nin estratexias para frear o quecemento. Está por ver se se trata do preludio dun compromiso máis ambicioso no Cumio do Clima que comezaba este mesmo domingo en Glasgow.

"Fixar 1,5 graos creo que é un compromiso relevante, que formulemos que antes de que finalice o 2021 se deixen de financiar centrais térmicas de carbón tamén é un paso importante", sinalou Pedro Sánchez tras o cumio.

Ese acordo sobre descarbonización é ambicioso, pero aquí a resistencia de países como a China ou a India é moi obvia. Non en van, gran parte do seu mix enerxético e da súa industria dependen fortemente do carbón. Tamén Rusia amosa reticencias.

Outro compromiso radica na mobilización de 100.000 millóns de dólares cada ano para que os países máis vulnerables poidan afrontar a cambio climático e a transición enerxética. Estas son as novidades deste domingo, porque na primeira xornada xa transcendía o consenso para lograr a vacinación contra a covid-19 do 70% da poboación mundial o ano que vén
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade