Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación anuncia a equiparación das condicións das seleccións feminina e masculina

A Federación anuncia a equiparación das condicións das seleccións feminina e masculina

Iguálanse as primas que reciben en porcentaxes as xogadoras ás que reciben os xogadores de España

Regularízanse e melloran os dereitos de imaxe que recibirán as futbolistas e páctanse cuantiosas melloras nas condicións de traballo da selección

Luis Rubiales e as capitás da selección española presentaron o acordo que levaba meses negociándose

Foto @rfef
G24.gal 14/06/2022 14:15 Última actualización 14/06/2022 21:22

A Federación Española de Fútbol acordou coas xogadoras da Selección española feminina os cantidades que se destinarán a primas e por dereitos de imaxe durante a EURO 2022 de Inglaterra que arrinca o próximo 6 de xullo, así como para os próximos cinco anos, ata 2027.

No encontro, o presidente da RFEF, Luís Rubiales, asinou o documento de compromiso coas capitás de España, Alexia Putellas, Patricia Seixo e Irene Paredes, nun acto que se celebrou na Cidade do Fútbol e no que estivo presente a totalidade das xogadoras concentradas durante estes días na sede federativa así como o corpo técnico da Selección española.

"É un día histórico e fainos especial ilusión compartilo con todos vós", dixo Irene Paredes. "Chegar a un acordo de tal magnitude reforza a idea e o compromiso da Federación coa sección feminina e en especial coas xogadoras da absoluta", suliñou a futbolista da selección española. 

Con este pacto as seleccións absolutas terán as mesmas condicións económicas nas concentracións amigables e os mesmos criterios de repartición nos premios UEFA e FIFA.

Mellóranse, así mesmo, os desprazamentos e viaxes. E regularízanse os dereitos de explotación de patrocinio e con carácter retroactivo os de imaxe, que as xogadoras nunca percibiran ata 2019. Agora melloran un 20 por cento. Poden chegar o 80 por cento en 2027. No tocante ás primas, Rubiales fixo unha aclaración. 

"Meteuse un factor de corrección, de discriminación positiva, porque o diñeiro que chega por primas ao combinado feminino é moi inferior ao que chega ao masculino", explicou Luis Rubiales. "As dúas partes considerabamos que había que meter un corrector e fixémolo. Podemos dicir que aínda que porcentualmente o concepto é o mesmo que o dos rapaces, as mulleres saen máis beneficiadas", engadiu o presidente da Federación Española de Fútbol. 

Para que nos fagamos unha idea: a UEFA entregou 16 millóns para distribuír na Eurocopa feminina este verán. É o dobre que na anterior edición. Para a masculina de 2021 foron 371 millóns.

Evidentemente queda moito camiño por percorrer. De momento a selección céntrase no deportivo, na Eurocopa de Inglaterra onde, por certo, non estará unha das súas capitás. Jenni Hermoso é baixa por unha lesión no xeonllo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos