Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acordo con redución de penas para dez dos acusados por unha operación antidroga no Vao

Acordo con redución de penas para dez dos acusados por unha operación antidroga no Vao

Os enxuízados confesaron os feitos e as condenas fixáronse entre os tres e os cinco anos de prisión

G24.gal 30/05/2023 14:41

Houbo acordo de conformidade entre a fiscalía e os avogados de dez, dos once acusados, na operación antidroga Gepetto, que tivo lugar no poboado do Vao de Arriba no ano 2019.

Os acusados confesaron os feitos esta mañá na Audiencia Provincia de Pontevedra a cambio dunha redución de penas. As condenas fixáronse entre os tres e os cinco anos de prisión, fronte os dez que se pedían inicialmente para os peores casos.

O Sevilla, patriarca do clan que caeu nesta operación, e o seu fillo Pinocho foron condenados por tráfico de drogas pero tamén por participación en organización criminal. Outro dos acusados tamén sumou unha pena por atentado ao intentar atropelar os axentes co coche durante a redada.

O 13 de xuño celebrarase nunha peza separada o xuízo do único dos acusados que non chegou hoxe a acordo coa Fiscalía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade