Cargando resultados...
Aconsellan deixar constancia de quen, canto e como comparte lotaría
Aconsellan facer fotocopias ou empregar as novas tecnoloxías
G24.gal
15/12/2021 21:14
A semana que vén chega o sorteo de lotaría do Nadal, un sorteo do que se di que o mellor premio é compartilo. Para compartir pártese da confianza na outra persoa. Pero é suficiente en caso de premio?
Nos despachos de avogados sinalan que o máis seguro é deixar constancia sempre de quen, canto e como comparte décimos. Aconsellan facer fotocopias ou empregar as novas tecnoloxías.
Nun matrimonio todo dependerá do réxime económico. En gananciais repártese, pero en separación de bens aconsellan manifestalo por escrito igual que se se compartira cunha amizade. E tan importante como saber compartilo é saber cobralo.
E se non toca sempre se pode compartir a ilusión.