Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta tres anos de cárcere por introducir droga na prisión de Bonxe en condóns e no interior do corpo

Acepta tres anos de cárcere por introducir droga na prisión de Bonxe en condóns e no interior do corpo

O condenado é un interno que foi interceptado coas substancias estupefacientes tras regresar dun rexistro penitenciario

G24.gal 25/09/2026 13:56

Un interno da prisión de Bonxe aceptou unha condena de tres anos de prisión e unha multa de 1.643,20 euros por un delito contra a saúde pública, tras alcanzar as partes un acordo de conformidade que implica tamén a realización dun tratamento de desintoxicación. A pena aceptada é inferior aos catro anos de prisión que inicialmente solicitaba a Fiscalía.

Os feitos ocorreron o 3 de decembro de 2024, cando o acusado regresou dun permiso penal e foi localizado na cela de observación do módulo de ingresos de Bonxe, en Outeiro de Rei, con distintas substancias estupefacientes.

Segundo o escrito de acusación pública, no interior dun preservativo atopouse un envoltorio plástico que contiña 10,045 gramos de heroína. Noutro condón localizouse marihuana, cun peso de 3,626 gramos.

Ese mesmo día, despois de regresar do hospital, onde se lle practicou voluntariamente unha exploración radiolóxica que deu resultado positivo pola presenza de corpos estraños na zona rectal, o acusado fixo entrega de tres anacos de haxix, cun peso total de 21,561 gramos.

A acusación sostiña que a droga fora introducida no penal para distribuírse a terceiras persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade