Publicador de contidos

Publicador de contidos

O desafiuzamento de Maricarmen reabre o debate sobre o mercado da vivenda

O desafiuzamento de Maricarmen reabre o debate sobre o mercado da vivenda

A onda de malestar salpica o sector inmobiliario

G24.gal 25/09/2026 14:49

Maricarmen, a muller de 87 anos desafiuzada do piso no que vivía alugada dende 1956 é o rostro dun malestar que está a poñer contra as cordas todo o sector inmobiliarioE tal está a ser o impacto que unha inmobiliaria galega que comparte nome co fondo que mercou o piso, pero que non ten relación con el, denunciou que leva horas recibindo insultos e ameazas. A propietaría di que ata recibiron unha chamada dicindo que lles ían queimar o local"

Para o sector é un exemplo do malestar que xa non distingue entre empresas nin responsabilidades ao tempo que insisten en que as inmobiliarias son só "o enlace entre o comprador e o vendedor, gustaríanos que o acceso á vivenda fose máis fácil " tamén din que eles non son os últimos culpables, igual que por extensión  "os inquilinos son vítimas, e mesmo os propietarios tamén son vítimas na súa escala"

No que todos coinciden é en que a vivenda non pode ser só un mercado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos