Accidente de cine gravado pola cámara corporal dun policía
Accidente de cine gravado pola cámara corporal dun policía
O coche saíu voando 37 metros despois de subir pola rampla dun guindastre na autoestrada
Parece unha escena sacada de Hollywood: un automóbil sae voando tras subir pola rampla dun guindastre de plataforma nunha autoestrada de Xeorxia, nos Estados Unidos. E todo o accidente foi gravado pola cámara corporal dun policía.
Automobilistas e policías atónitos observaron a arrepiante escena cando o vehículo saíu voando 37 metros.
Unha moza de 21 anos, de Florida, ía ao volante. Foi trasladada ao Centro Médico do sur de Xeorxia tras sufrir feridas graves.
Despois de caer ao revés, o coche bateu noutro vehículo e logo foi dando voltas ata deterse tras percorrer uns sete metros.
Mesmo antes de que o automóbil se detivese, o policía que gravou o accidente empezou a correr para axudar os automobilistas que foron afectados.