Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acabouse o tempo de verán ou volverán os días solleiros?

Acabouse o tempo de verán ou volverán os días solleiros?

Aínda estamos no verán, pero as temperaturas e a chuvia dos últimos días parecen do outono

Acudimos aos expertos para que nos conten se esta situación se vai manter ou se aínda virán días solleiros e calorosos

G24.gal 02/09/2025 14:07

As rúas énchese estes días de paraugas, xente con chuvasqueiros e botas de auga. Despois dun verán seco e caloroso, baixaron as temperaturas e chegou a chuvia. Algo que moitos levan ben e outros, non tanto.

Segundo os datos que manexa MeteoGalicia, vai máis frío do normal, pero a chuvia dos últimos días é frecuente nestas datas. "Chámannos a atención estes días de chuvia en contraste cos períodos secos que tivemos antes, pero que haxa varios días de precipitacións en setembro non é nada fóra do normal", advirte Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia.

E, que vai pasar nos próximos días? Aínda haberá días solleiros... E non han tardar moito.  "Cara ao venres e o sábado desta semana serán días de influencia anticiclónica transitoria. Aí volverá o tempo seco e solleiro e ascenderán as temperaturas".

Ao ver tantos paraugas e chuvasqueiros na rúa parece o contrario, pero aínda queda verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos