Publicador de contidos

Publicador de contidos

A AC-552 é a estrada máis ruidosa de Galicia

A AC-552 é a estrada máis ruidosa de Galicia

Afectados máis de 11.000 veciños entre A Coruña e Carballo

G24.gal 11/01/2022 14:50

Co ruído é co que conviven a diario os veciños de Vilarrodís, no concello coruñés de Arteixo. A estrada que os atravesa é, segundo a Axencia Galega de Infraestruturas, a máis ruidosa da rede galega.

Hai momentos do día en que o ruído chega aos 75 decibeles.

Son preto de once mil veciños e máis de cinco mil cincocentas vivendas as que a diario sofren as súas consecuencias, aínda que moitos xa estean afeitos.

Para intentar minimizar o problema, a Xunta xa ultima o seu cuarto plan contra a contaminación acústica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade