Absoltos Neymar, Rosell e Bartomeu dos delitos de corrupción e estafa
O fondo brasileño DIS percibiu unicamente 6,8 millóns de euros por toda a operación, a pesar de ter un 40 % dos dereitos de traspaso

A Sección Sexta da Audiencia de Barcelona absolveu o ex-xogador do Barcelona Neymar da Silva e os expresidentes da entidade azulgrá Sandro Rosell e Josep María Bartomeu dos delitos de corrupción entre particulares e estafa na fichaxe do futbolista brasileiro, que militaba no Santos nese momento.
No caso coñecido como Neymar 2, xulgábase a fichaxe do dianteiro polo que o Barça pagou a N&N Consultoria Esportiva 60 millóns de euros por diversos conceptos entre 2011 e 2013. E ao Santos Club de Fútbol, outros 25 millóns: 17,1 polo traspaso e 7,9 pola opción preferente que nunca exerceu sobre tres mozos promesa do equipo brasileiro, así como dous amigables do que só se xogou un.
Con todo, o fondo de investimento brasileiro DIS, que exerce a acusación particular, percibiu unicamente 6,8 millóns por toda a operación, a pesar de ter un 40 % dos dereitos de traspaso do dianteiro. Este foi o motivo polo que se querelou contra os acusados, aos que a Audiencia de Barcelona absolveu.