Cargando resultados...
Absolto o exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas, dos delitos de prevaricación e malversación
Ricardo Campo, que foi concelleiro de Urbanismo no goberno de Cabezas, tampouco foi condenado

G24.gal
31/01/2022 23:05
O que foi alcalde de Ourense co PP, Manuel Cabezas, foi absolto dos delitos de prevaricación e malversación.
Ricardo Campo, que foi concelleiro de Urbanismo no Goberno de Cabezas, tampouco foi condenado.
Os dous sentaron no banco dos acusados por eximir os promotores inmobiliarios de ceder o 10 % dos terreos para uso público.
O tribunal considera que non quedou probado que tomaran esta decisión aproveitándose dos cargos que tiñan para converter o patrimonio municipal e beneficios privados. Contra esta sentenza cabe recurso.