Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entra en funcionamento o desvío da A-6 para aliviar o tráfico en Pedrafita

Entra en funcionamento o desvío da A-6 para aliviar o tráfico en Pedrafita

Habilitouse para todo tipo de vehículos en sentido Madrid

G24.gal 17/09/2022 08:23 Última actualización 17/09/2022 14:50

Abriu o novo desvío habilitado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para axilizar a circulación na zona de Pedrafita do Cebreiro, á espera da reconstrución do viaduto da A-6, á altura do Castro.

A entrada en servizo desta vía reduce a intensidade de tráfico polo núcleo da localidade, pasando de 10.000 vehículos diarios a 5.000. 

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, supervisaron este sábado a apertura do novo desvío, que se produce un mes antes do previsto.

O ramal queda aberto para os todos os vehículos que circulen en sentido Madrid. Do mesmo xeito, permitirá o paso de transportes especiais en horario nocturno e nalgunhas franxas ao mediodía.

A subdelegada do Goberno agradeceu a colaboración de todas as administracións e sectores implicados para activar o máis axiña posible as mellores alternativas de tráfico, sempre, afirmou, "coa seguridade de peóns e condutores como prioridade máxima".

Causas do derrubamento

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estableceu un grupo multidisciplinar dirixido pola Inspección Xeral, autoridade competente, para facer unha auditoría e peritaxe completa das causas que provocaron o derrubamento do viaduto do Castro.

O Goberno presentará os resultados e conclusións das devanditas investigacións a mediados do próximo mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade