Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda trasladará a Stellantis o apoio da Xunta ao sector da automoción

Rueda trasladará a Stellantis o apoio da Xunta ao sector da automoción

O presidente da Xunta reunirase este xoves en Turín cos directivos da empresa

G24.gal 07/05/2025 14:26 Última actualización 07/05/2025 15:11

O presidente da Xunta viaxa este xoves a Turín para reunirse cos responsables de Stellantis. "Queremos dicirlles que aquí hai miles de postos de traballo que fan as cousas moi ben e que hai que coidalos igual que os coidamos dende a Xunta de Galicia", asegurou Alfonso Rueda. 

Rueda di que, ademais, lles van trasladar aos responsables da empresa o apoio da Xunta ao sector da automoción

O presidente da Xunta, que viaxará acompañado pola conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, recordou que a administración galega ten previsto dedicar "case 70 millóns de euros de fondos propios" á automoción a través do plan sirector dese sector co obxectivo de "manter o ecosistema" produtivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade