Abre na Coruña a Feira BioCultura, con máis de 150 expositores de ecoturismo e produción ecolóxica
A feira conta este ano con máis de 150 expositores dedicados a sectores de alimentación bio, ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda ou artesanía
Na Feira BioCultura destaca un ano máis a presenza de todo un referente en produción ecolóxica e ecoturismo: a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, primeiro destino certificado de Galicia.
"Temos xa 78 empresas certificadas na marca da Reserva da Biosfera que ten o selo Unesco", explica Diego López, xerente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A Feira BioCultura conta este ano con máis de 150 expositores dedicados a sectores de alimentación bio, ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sostible, benestar ou artesanía. O ecolóxico, bio, orgánico ou sostible segue a interesar.
"Temos cada vez máis persoas mozas que comezan a consumir de forma ecolóxica e fano por diversos motivos, non só por saúde senón tamén por colaborar coa revitalización do medio rural", asegura Ángeles Parra, director de BioCultura.
Haberá degustacións, catas, xornadas de nutrición e ata un festival de ioga. Todo ata o domingo en BioCultura.