Cargando resultados...
Abre en Vigo o primeiro cinema 4D de Galicia
Os Gran Vía tamén teñen sala infantil con xogos e amplas cadeiras reclinables
Ocine Premium Gran Vía
G24.gal
24/02/2025 19:55
Última actualización 24/02/2025 20:27
Dúas mil persoas estrearon xa a pasada fin de semana os novos cinemas de Vigo.
Os vellos Gran Vía, xestionados agora pola empresa española Ocine, ofrecen a primeira sala 4D de Galicia onde podemos gozar dunha experiencia completa: cadeiras que se moven, teito que orballa e sala que recende.
Son nove espazosas salas con pouco máis de 700 cadeiras.
Hai unha sala infantil con xogos para gozar no descanso. E son envolvente en todas as salas.
Unha oportunidade especial de volver gozar do cinema, con propostas como Capitán América, Paddington Tres, Policán ou The Monkey.