Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abraham Cupeiro: "Tiven a sorte de nacer en Galicia, un dos últimos amazonas culturais que hai en Europa"

Abraham Cupeiro: "Tiven a sorte de nacer en Galicia, un dos últimos amazonas culturais que hai en Europa"

O artista conta con diversas datas en Galicia: 24 de decembro en Santiago, 30 de decembro en Vigo e 4 de xaneiro en Meira

Os seus instrumentos son uns dos protagonistas do filme Gladiator II

G24.gal 30/11/2024 15:30 Última actualización 30/11/2024 15:51

Construtor e multiinstrumentista, Abraham Cupeiro é coñecido pola recuperación de intrumentos perdidos no tempo e empregalos para crear novas sonoridades. Como di el mesmo, trátase de "sons ancestrais, sons esquecidos" e cos que facer música no presente empregando instrumentos do pasado. Unha tarefa ardua e difícil, pero moi satisfactoria cando se acada o resultado final.

Agora mesmo, as redes invádense coa obra de Cupeiro pola estrea de Gladiator II, filme no que os seus instrumentos posúen un forte protagonismo. Con todo, el mantén que a súa sorte vén de nacer en Galicia que, nas súas propias verbas, "é un dos últimos amazonas culturais existentes en Europa".

Pola contra, países como Inglaterra, Francia ou Alemaña están tan industrializados que perderon a súa esencia dunha música "para todos", mentres que en Galicia tanto un cativo coma un maior poden seguir facendo sons propios da terra e para o pobo.

Abraham comezou a súa relación coa música de moi mozo. Aos 11 anos iniciouse no camiño musical cunha banda e grupo de música tradicional. Un mundo que lle outorgou experiencias vitais e músicais imprescindibles. 

El mesmo admite que o seu labor é ás veces frustante, xa que ten que ser el mesmo o que fabrique os instrumentos. Moitos deles están completamente perdidos ou só se atopan expostos en museos. Un dos máis abraiantes é o aulós, un instrumento grego empregado nas Olimpíadas. É dun carácter moi atlético xa que se precisa dunha respiración circular para facelo soar.

O músico mantén que para el é toda unha sorte que unha película de tal calibre confíe nos instrumentos antigos, facendo que o gran público os poida coñecer. "En Galicia temos un capital humano brutal do que temos que estar moi orgullosos. Non só por nós mesmos senón tamén para ensinarlle ao mundo o poliédricos que somos. Os galegos facemos deste planeta algo menor sen deixar de lado a nosa cultura".

Abraham está a realizar unha xira por todo o país, contando con datas en diferentes cidades galegas. O vindeiro 26 de decembro estará en Santiago de Compostela, mentres que o 30 do mesmo mes actuará en Vigo. Cupeiro comezará o 2025 tocando o 4 de xaneiro en Meira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade