Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aberto o prazo de solicitude de admisión para FP ata o 5 de xullo

Aberto o prazo de solicitude de admisión para FP ata o 5 de xullo

 "Arredor do 85 por cento dos alumnos da FP e case o 100 % da FP dual atopan traballo ao rematar os estudos", salientou o conselleiro de Educación

G24.gal 23/06/2022 12:26

Hoxe comezou o prazo para presentar a solicitude de admisión nos ciclos de Formación Profesional e estará aberto ata o día 5 de xullo. Cada ano matricúlanse en FP arredor de 51.000 persoas, nos case 1.200 ciclos formativos que se poden cursar en Galicia. En FP media e superior en Galicia oferta en total 37.500 prazas.

O conselleiro de Educación salientaba onte, nunha entrevista na Radio Galega, que en Galicia se levan moitos anos traballando no desenvolvemento da FP, que é unha "rama do sistema educativo para nós fundamental".

"A FP significa confianza das empresas das familias, dos alumnos, é prestixiosa e é útil", dixo Román Rodríguez

O responsable galego de Educación explicaba que a FP é útil para os mozos porque posibilita a inserción no mercado laboral pronto, "85 por cento dos alumnos da FP e o 100 % da FP dual", practicamente, explica o conselleiro. 

Engade o Conselleiro que é útil tamén porque xera confianza para as empresas e que "todos os anos pasan directamente entre 15.000 e 18.000 rapaces e rapazas ao mundo laboral, profesionais ben formados. E isto engade produtividade aos sectores produtivos".

A páxina de información sobre a FP da Xunta de Galicia explica que a FP se pode cursar "por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade