Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aberto o prazo para a segunda edición da mentoría musical "Descúbreas"

Aberto o prazo para a segunda edición da mentoría musical "Descúbreas"

As futuras artistas contan tamén con asesoramento para o lanzamento da súa carreira en plataformas de escoita e nos medios de comunicación

Poden participar mozas de 16 a 30 anos

G24.gal 09/03/2022 20:47

Ata este venres está aberto o prazo de inscrición no programa Descúbreas, unha mentoría musical para mozas que queiran dar os seus primeiros pasos neste eido artístico.

Nesta iniciativa, as mentoras, mulleres profesionais do sector da música, comparten os seus coñecementos coas participantes, ás que se lles ofrece a oportunidade de gravar un tema e mais un videoclip.

A través de Descúbreas, as futuras artistas contan tamén con asesoramento para o lanzamento da súa carreira en plataformas de escoita e nos medios de comunicación. 

Os videoclips das oito primeiras participantes en "Descúbreas" son o froito de meses de traballo e o comezo de cadanseu camiño. 

A compositora e cantante Wöyza é unha das mentoras das artistas noveis nesta asesoría artística que impulsa da Deputación de Pontevedra para mulleres de 16 a 30 anos. Ela tenta transmitirlles os valores en que lle gustaría poder reflectirse cando escolleu dedicarse á música.

Outra parte do programa "Descúbreas" consiste nunha plataforma web aberta ao público con recursos formativos, directorios e axendas. As solicitudes para a segunda edición pódense enviar ata o 11 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade