Cargando resultados...
Abelenda: "Hai que seguir remando para regresar ao liderado"
O xogador granate dá por bo o punto conseguido na Lomba

G24.gal
17/04/2022 20:36
Tan só lle durou o liderado unha semana ao conxunto granate trala súa igualada en Vilagarcía e o triunfo na mañá do domingo do Unión Adarve. Pero no equipo non desisten, como recoñece Brais Abelenda.
"Agora que nos poñiamos por diante tras moito tempo, toca seguir remando outra vez. Xa sabiamos que tiñamos que gañar. Xa ía ser complicado por estar eles no descenso, máis co novo adestrador que lles dá plus de motivación. Que eles se puxeran por diante marcou moito. A nosa ideoloxía de xogo é ir marcar, vaiamos gañando, empatando o perdendo. Iso serviunos outras veces para remontar"