Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abanca e Santander amplían horario para atender os clientes maiores

Abanca e Santander amplían horario para atender os clientes maiores

A entidade galega tamén se compromete a manter abertas as oficinas nos 134 concellos en que queda unha única entidade

G24.gal 10/02/2022 08:02

Primeiras reaccións dos bancos ante a presión dos maiores. Dende hoxe mesmo, Abanca amplía o horario de atención ata as dúas da tarde para os que teñan máis de 65 anos. Adeus a madrugar para as xestións en ventá. A medida beneficia a máis de medio millón de usuarios. 

Tamén amplía horario para os seus clientes o Banco Santander. Son os primeiros en responder á campaña 'Son maior, non idiota'. A entidade galega tamén se compromete a manter abertas as oficinas nos 134 concellos en que queda unha única entidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade