Éxito do 17º Festival Ribeira Sacra que enxalza a enoloxía, a música e o territorio
A Ribeira Sacra consolídase como referente dos "slow fest", escapando das multitudes e converténdose nun exemplo a seguir dos festivais de experiencias
Case 1000 persoas, exactamente 999 persoas sistiron ao 17º Festival Ribeira Sacra, un evento que consegue aunar música, enoloxía e territorio.
O Festival chámase17 graos, e naceu hai anos por iniciativa dunha das adegas da zona e na actualidade son varias as adegas implicadas e teñen o respaldo da Denominación de Orixe, demostrando así que as sinerxias entre as e os adegueiros funcionan.
A diferenza doutros festivais, neste enxálzanse as experiencias para grupo non moi numerosos, ofrecéndose a participación en eventos que, en varias ocasións, desenvólvense simultaneamente para que os asistentes poidan escoller en que actividade prefiren pariticpar.
Esta é a novena edición dun festival que se celebra no territorio doutras tres denominacións: Utiel-Requena, Terres dels Aforins e a Rioxa arabesa.