Publicador de contidos

Publicador de contidos

A zona industrial e un circuito de probas, primera fase do proxecto de SAIC en Ferrolterra

A zona industrial e un circuito de probas, primera fase do proxecto de SAIC en Ferrolterra

A multinacional chinesa tamén construirá zonas de almacenamento de vehículos

Da planta de montaxe do Porto Exterior sairán 120.000 coches ao ano

G24.gal 30/06/2026 21:00 Última actualización 30/06/2026 21:17

A exposición pública do proxecto da multinacional chinesa do automobil SAIC en Ferrol permitiu coñecer novos detalles das súas instalacións.

Comezará coa construción da zona industrial no Porto Exterior. En principio chegarán aquí as carrocerias xa pintadas.

En seis liñas de traballo ensamblarán e introducirán todos os compoñentes do vehículo, desde o motor e a tapiceria ata as rodas e a instalación eléctrica. 

Tamén se construirá unha zona de oficinas e o circuíto de probas dos vehículos que saian da planta.

Cada coche pasará probas de control de calidade e seguridade. Neste espazo tamén haberá un almacén. Nunha segunda fase do proxecto está previsto construír outra área  de almacenaxe maior en Caneliñas.  

Será necesaria cando a planta de montaxe de vehículos estea no máximo rendemento. Producirá cada ano 120.000 coches eléctricos e híbridos da marca MG, a máis vendida en Europa da multinacional chinesa.

O proxecto arrancará coa creación de  500 postos de traballo directos en 2028.

Está previsto duplicar o cadro de persoal en dous anos. Pero a maiores este centro industrial da automocíon podería xerar outros tantos empregos indirectos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade