Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de aviso laranxa por calor en zonas de Ourense e Pontevedra

Xornada de aviso laranxa por calor en zonas de Ourense e Pontevedra

Suspéndese a actividade deportiva federada en exterior nos concellos de Ourense e do interior de Pontevedra

Segue o aire cálido, pero baixan as temperaturas no litoral

G24.gal 06/08/2025 14:18

O Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas na saúde sitúa en nivel laranxa os concellos da zona do Miño de Ourense, a montaña e o noroeste de Ourense, Valdeorras e o interior de Pontevedra.

Nesta liña, tamén queda suspendida toda actividade deportiva federada no exterior na xornada de hoxe en 58 concellos de Ourense, que se suman aos xa 16 do interior de Pontevedra que xa tiveron esta prohibición. Só se permiten as actividades acuáticas.

Segundo a previsión realizada por MeteoGalicia, persiste o aire cálido xa común nestes días, pero baixan as temperaturas no litoral pola entrada de brétemas.

Por outro lado, os concellos do interior da Coruña xa están en nivel amarelo por calor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade