A Xunta renovará os falsos teitos do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
A decisión tomouse polo desprendemento do teito sobre un paciente do hospital
As obras comezarán o antes posible e faranse dende o terceiro ata o sétimo andar
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou que se farán obras para renovar os falsos teitos de cinco plantas do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, no que quedou ferido un paciente por un desprendemento na súa habitación.
O propio Gómez Caamaño mantivo este martes unha reunión de traballo coa xerencia da área de sanitaria de Ferrol.
Resultou que nun cuarto do hospital desprendeuse o falso teito enriba dun paciente, que necesitou puntos de sutura no coiro cabeludo e no nariz.
O conselleiro, que pediu desculpas ao paciente, destacou o bo traballo da xerencia recolocando 28 pacientes logo do sucedido para levar a cabo dúas inspeccións técnicas para coñecer a causa do que aconteceu.
Os expertos sinalaron que se produciu pola combinación do envellecemento do hospital e a tensión por cambios térmicos, pero agora van facer un estudo para saber se hai movemento nas estruturas.
O Gómez Caamaño asegurou que comezarán ca renovación dos falsos teitos o antes posible nas plantas 3,4,5,6 e 7 do hospital, polo que terán que ir recolocando máis pacientes.
“Haberá que planificar a recolocación de pacientes e farase de maneira graduada”, indicou.