Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta proxecta tres aparcadoiros perimetrais na área do Clínico de Santiago

A Xunta proxecta tres aparcadoiros perimetrais na área do Clínico de Santiago

Entres as localizacións propostas de inicio está a parcela municipal próxima ao edificio do CiMUS

G24.gal 06/12/2025 11:05 Última actualización 06/12/2025 12:12

A Xunta estuda a construción de tres aparcadoiros no perímetro do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para solucionar a falta de prazas e as aglomeracións na zona do Clínico. 

O goberno galego deseñou un proxecto de interese autonómico para reorganizar o tráfico na zona que pasaría pola creación de novos viais e reordenar a circulación no recinto, con accesos separados para as estadías máis longas e as paradas rápidas.

Con estes cambios, a solución dun só aparcadoiro queda descartada. Agora valórase a creación de varios espazos no perímetro que poderían habilitarse na zona do heliporto, na entrada dende a avenida Vitoria Míguez e na parcela de propiedade municipal próxima ao edificio do CiMUS.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar