A Xunta pídelles a Renfe e ás empresas de buses reforzos urxentes nas liñas
A Xunta pídelles a Renfe e ás empresas de buses reforzos urxentes nas liñas
A conselleira de Infraestruturas dirixiuse por carta ás federacións de transporte de viaxeiros por estradas e ao presidente de Renfe
Ethel Vázquez solicita ás empresas de bus planificar os reforzos que serán necesarios este venres
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, enviou senllas cartas ás federacións de transporte de viaxeiros por estradas e ao presidente de Renfe para pedirlles un reforzo de medios ante o incremento da demanda neste mes de setembro.
A conselleira solicita ás empresas de bus planificar os reforzos que serán necesarios este venres, 22 de setembro, nas estacións das sete cidades galegas e nas cabeceiras de comarca.
Igualmente, Ethel Vázquez convoca as catro federacións de transporte por estrada a manter unha xuntanza a próxima semana para analizar conxuntamente a atención aos viaxeiros do transporte público de titularidade autonómica.
Ademais, Vázquez pide ao presidente de Renfe que adopte as medidas necesarias para garantir o adecuado funcionamento dos servizos ferroviarios en Galicia debido ás continuas queixas dos usuarios pola escaseza de prazas, falta de persoal, así como atrasos e avarías recorrentes.