Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inviste 5 millóns de euros para vacinar do papiloma os nenos de 12 anos

A Xunta inviste 5 millóns de euros para vacinar do papiloma os nenos de 12 anos

O presidente galego está convencido de que os pais responderán masivamente á recomendación de poñer a vacina

G24.gal 16/09/2022 17:18

Os centros de saúde fan un chamamento a que os nenos varóns de 12 anos se vacinen contra o virus do papiloma humano.

O presidente da Xunta declárase convencido de que os pais responderán de xeito masivo polas vantaxes evidentes da vacina agora gratuíta.

"O que se está facendo sobre todo nos centros de saúde, que son os lugares onde hai que acudir para vacinarse, é darlles información aos pais, explicarlles que esta vacina agora é gratuíta, está sufragada pola Xunta de Galicia, e a conveniencia de poñela e as razóns".

A vacina suporá un investimento de cinco millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade