A Xunta investirá 25 millóns na reforestación das marxes das estradas autonómicas

Arrancará cun proxecto piloto na autovía do Morrazo coa plantación de 25.000 árbores

G24.gal 26/10/2023 17:13 Última actualización 26/10/2023 20:21

O Consello da Xunta aprobou este xoves a Estratexia Galega de Estradas Verdes. Na próxima década investirá 25 millóns de euros en reforestar con árbores autóctonas as maxes de preto de cincocentos quilómetros de vías de titularidade autonómica.

Arrancará cun proxecto piloto na autovía do Morrazo, coa plantación de 25.000 árbores. Despois seguirá polo da rede autonómica de vías de alta capacidade. Eliminaranse especies invasoras, colocarase unha cuberta vexetal nas marxes e sobre ela plantaránse frondosas autóctonas.

"Esta estratexia ten como obxectivo incidir na prevención dos lumes, gañar en eficiencia na conservación das marxes das estradas e contribuír a reducir as emisións", explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda.

A iniciativa conta cun orzamento de 25 millóns de euros para investir nos próximos dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade