Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta financiará con 3 millóns proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra

A Xunta financiará con 3 millóns proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra

O destino concreto dos investimentos será decidido polo Concello

As actuacións súmanse ás que xa executa a Xunta na cidade, como as do Novo Montecelo ou o Pazo de Lourizán

Allegue, Rueda e Lores, o pasado luns en Pontevedra (Pedro Dávila/Europa Press)
G24.gal 31/05/2025 11:33

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este sábado que a Xunta financiará con 3 millóns de euros proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra. O destino concreto destes investimentos será decidido polo Concello.

O Goberno galego explica que este compromiso é o resultado dunha reunión entre Rueda e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

"Insistir no agradecemento ao Concello, e que aquí poidamos poñer o exemplo do que se pode facer con determinación e con vontade de colaborar con independencia das siglas políticas", asegurou Alfonso Rueda.

A Xunta indicou que esta contía súmase a outros investimentos que o Executivo autonómico ten en marcha no municipio. Entre elas, citou o Novo Montecelo, cunha partida de 170 millóns de euros, aos que suman 30 millóns de euros para equipamento; ao Centro de Alto Rendemento (CAR) de Galicia, no que se investirán uns 30 millóns; e a reforma integral do Pazo de Lourizán e a súa contorna, con máis de 17 millóns.

Por outra banda, están en marcha neste municipio 236 vivendas públicas en distintas fases de execución e tramitación.

"Dobrar o parque público de vivenda da Xunta nesta lexislatura, pasar de 4.000 a 8.000, e este é un bo exemplo de que podemos conseguilo se temos a colaboración como estamos tendo co Concello de Pontevedra", afirmou o presidente galego

No referido ás infraestruturas o Goberno galego subliñou que está en execución a senda Mollavao-Os Praceres (6,2 millóns de euros), a reforma da PO-531 a Vilagarcía de Arousa ao seu paso por Campañó (máis de 862.000 euros) e as sendas de Xeve (máis de 2 millóns de euros).

Tamén están a piques de iniciarse as obras de mellora da iluminación da ponte medieval de Ponte Sampaio (0,5 millóns). Ademais, a Xunta ten consignados 3 millóns de euros para a dragaxe do río Lérez.

No ámbito educativo, desenvólvense diferentes actuacións, entre as que destaca a reforma do IES Valle Inclán (máis de 4,7 millóns de euros). Ademais, a Administración autonómica destina este ano un total de 2,5 millóns para actuacións en bens patrimoniais: o convento de Santa Clara, o santuario da Virxe da Peregrina e a basílica de Santa María a Maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade