Renfe está estudando por primeira vez unha reclamación de responsabilidade patrimonial contra as comunidades autónomas de Galicia e Castela e León pola interrupción do servizo ferroviario entre Madrid e Galicia durante nove días consecutivos polos incendios.
Así o sinalou este mércores o ministro de Transportes e Mobilidade sustentable, Óscar Puente, nunha comparecencia ante o Pleno do Congreso, a petición do PP.
Responsabilidades son las que te exigen los gallegos que llevan meses sufriendo los retrasos y el mal funcionamiento de los trenes que deberías mantener, ministrohttps://t.co/o3X35dLsWu
— Diego Calvo (@DiegoCalvoPouso) September 10, 2025
"Réprochanme vostedes moitas cousas en relación co servizo ferroviario, pero paréceme un pouco sorprendente que me reprochen que non houbese trens entre Galicia e Madrid durante 9 días consecutivos", sinalou Puente.
Na súa opinión, "non é de recibo que Renfe e Adif tivesen que perder 3 millóns de euros durante eses 9 días e que isto sexa a conta de inventario."
Segundo o ministro, "hai unhas administracións que teñen que dimensionar un servizo de prevención e extinción de incendios e non o fixeron".
"E as consecuencias págaas Renfe e, enriba, temos que escoitarlles a vostedes dicir que que mala é Renfe e Adif que durante 9 días non prestou servizo", engadiu.
Puente explicou que a rede entre Madrid e Galicia apenas sufriu ningunha consecuencia en relación cos incendios, realmente non se viu danada, pero si se viu privada de operar, porque, cando hai un helicóptero ou medios aéreos na contorna das vías soltando líquido, "pídennos que cortemos a enerxía eléctrica".
"E sen enerxía eléctrica os trens non poden funcionar", engadiu.
Son os servizos de protección civil os que por prudencia piden que unha rede que está operativa non opere e "nós obviamente poñemos a seguridade dos pasaxeiros por diante de calquera outra cousa e por iso cortamos o servizo", detallou.
Por tanto, "o que non é de recibo é que vostedes boten á compañía ferroviaria as consecuencias da falta de previsión das administracións que teñen as competencias en materia de protección civil", insistiu.
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, respondeulle ao ministro en redes sociais.
"Responsabiiades son as que che esixen os galegos que levan meses sufrindo retrasos", dixo.
Responsabilidades son las que te exigen los gallegos que llevan meses sufriendo los retrasos y el mal funcionamiento de los trenes que deberías mantener, ministrohttps://t.co/o3X35dLsWu
— Diego Calvo (@DiegoCalvoPouso) September 10, 2025