Publicador de contidos

Publicador de contidos

PP, Vox e Junts tomban a tramitación da redución da xornada laboral

PP, Vox e Junts tomban a tramitación da redución da xornada laboral

Yolanda Díaz di que a medida está gañada na rúa e que a volverá levar ao Congreso

A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, intervén durante o pleno do Congreso dos Deputados/Borja Sánchez-Trillo/EFE
G24.gal 10/09/2025 21:02 Última actualización 10/09/2025 21:28

O Congreso dos Deputados rexeitou que o proxecto de lei para reducir a xornada laboral a 37,5 horas semanais siga a súa tramitación parlamentaria ao prosperar as emendas á totalidade cos votos de PP, Vox, Junts e UPN.

Foi a primeira derrota para o Goberno do novo curso político. Tal e como anunciaran, PP, Vox e Junts votaron en contra da redución da xornada laboral no Congreso, o que frea a tramitación do proxecto de lei. 

Os cataláns din que é prexudicial para o seu tecido empresarial, e que responde a un interese persoal de Yolanda Díaz.

"Este é o seu proxecto persoal, o da súa supervivencia política, apoiada polos sindicatos españois", dixo Josep María Cervera, de Junts.

Para Vox é unha medida trampa.

"Que brincadeira é esta?, quere convencernos de que hai que traballar menos nun país onde non hai emprego. O señor Sánchez quere mandala ao matadeiro", di o deputado José María Figaredo.

O PP criticou que a redución da xornada chegara ao Congreso politizada, din, sen consenso e sen medir as consecuencias.

"Non é votar si ou non. É decidir se o queremos facer con consenso ou coa súa imposición, con traballo ou con ideoloxía, con responsabilidade ou con propaganda. Se o facemos nos termos que nos propón será unha medida que traerá máis precariedade e soldos máis baixos", di Juan Bravo, deputado popular.

Na quenda de réplica, Yolanda Díaz acusou a Junts, PP e Vox de darlle as costas á clase traballadora.

"Esto vai de redistribuír a riqueza. E xa é hora de que as grandes empresas cedan un pouco, media hora ao día. Vostedes pensan que votando en contra danlle un pau ao Goberno, ou a min. Pero a labazada non é para nós, é para 12,5 millóns de traballadores e traballadoras".

Díaz di que o debate está gañado na rúa e que volverá levar a redución da xornada laboral ao Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade