Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso veta este mércores a redución de xornada, á que o Goberno non renuncia

O Congreso veta este mércores a redución de xornada, á que o Goberno non renuncia

"Probablemente haxa unha derrota parlamentaria, pero hai derrotas que se gañan na rúa", asegurou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz

O Congreso amplía os permisos parentais co apoio de todos os grupos agás Vox, que se abstivo

Ricardo Rubio / Europa Press Ricardo Rubio / Europa Press
G24.gal 10/09/2025 09:01

O pleno do Congreso vetará este mércores, cos votos de Junts, PP e Vox, a tramitación parlamentaria da redución da xornada laboral, un proxecto de lei que o Goberno prevé volver aprobar cando vexa a oportunidade e en cuxo favor iniciaron mobilizacións os sindicatos CCOO e UXT.

"Probablemente haxa unha derrota parlamentaria, pero hai derrotas que se gañan na rúa", asegurou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz, que fixo un chamamento á cidadanía para que se una ás concentracións sindicais convocadas en todo o país para defender os seus dereitos.

A portavoz do Goberno Pilar Alegría sinalou que a votación de hoxe non é un punto final, é un punto e seguido, e cada grupo vai quedar retratado coa súa postura.

Díaz dixo que o PP vai dar unha labazada a máis de doce millóns de traballadores que aspiraban a ver reducida a súa xornada a 37,5 horas semanais, á vez que acusou a Junts de pouca claridade e nula flexiblidade durante a negociación mantida nos últimos meses.

A portavoz no Congreso de Junts Míriam Nogueras defendeu que a súa oposición sempre estivo clara e que foron honestos nunha negociación na que pedían a Traballo que non obrigase a adoptar o recorte de xornada ás pequenas empresas que puidesen ver comprometida a súa viabilidade con esta medida.

Asegurou que Junts é a voz da clase media e traballadora catalá e que sempre votará a favor do tecido produtivo que xera a riqueza en Cataluña, as pemes e pequenos negocios cuxos traballadores poderían chegar a quedar sen emprego por culpa de políticas para as que o país non está preparado, dado o alto absentismo, a baixa produtividade e a excesiva burocracia.

Os sindicatos critican a Junts por ser a voz da patronal catalá Foment del Treball e por unirse á dereita nacionalista española para "foder a clase traballadora", segundo dixo o líder de CCOO Unai Sordo, que, xunto co de UXT, Pepe Álvarez, se encerraba este martes nunha vixilia de protesta na parroquia de San Carlos Borromeo de Madrid.

Á espera de que se poida aprobar de novo o proxecto de lei de redución de xornada, o Ministerio de Traballo confirmou a súa intención de sacar adiante vía regulamentaria, sen necesidade de pasar polas Cortes, a parte da norma que modifica o rexistro horario dixital para dar acceso e un maior control á Inspección de Traballo co obxectivo de evitar abusos coas horas extra.

 

EFE
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade