Moitos negocios tradicionais resisten fronte ás grandes superficies e ás vendas en internet
Encontran o seu oco entre grandes superficies e o comercio online
Visitamos unha mercería no centro de Vigo que leva xa 70 anos aberta
Atravesar a porta da mercería Tuya no centro de Vigo é entrar nun lugar xa coñecido.
Mantén a historia nos estantes, no mostrador ou nos escaparates.
Ana María Alves, a súa actual propietaria, chegou moi nova, como ela mesma explica.
"Comecei polos botóns que era o que me facía gracia. Entón había cola de modistas, agora todo cambiou... Encantoume isto".
Herdou a tenda da súa madriña, que abriu o negocio hai xa 70 anos.
Un tempo no que cambiaron moitas cousas, pero non a súa forma de traballar, que consideran a garantía do seu éxito. "Dar produto bo, de calidade e unha boa atención ao cliente. É o máis imporrtante", reflexiona Ana María.
Especializáronse e tamén cambiou o tipo de clientes.
"Vendemos moito para señoras maiores. Tamén suxeitadores de todas as tallas, faixas...", explica.
A ela aínda lle queda moito para xubilarse, pero confía en que a tenda siga funcionando moitos anos máis.
"Ao meu fillo tamén lle gusta isto, e igual sigue", sinala con bo humor a muller á fronte desta histórica mercería.