Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional abre dixilencias polas protestas propalestinas na Volta

A Audiencia Nacional abre dixilencias polas protestas propalestinas na Volta

A denuncia diríxese "contra os autores materiais contra os instigadores e amparadores institucionais"

A Volta abandona Galicia con protestas en Valdeorras, pero sen incidentes

Decenas de persoas protestan contra Israel ao paso do pelotón polo Castillo dos Templarios en Ponferrada/Ana F Barredo/EFE Decenas de persoas protestan contra Israel ao paso do pelotón polo Castillo dos Templarios en Ponferrada/Ana F Barredo/EFE
G24.gal 10/09/2025 19:41 Última actualización 10/09/2025 19:53

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz consultou á Fiscalía se é competente para investigar unha denuncia presentada por unha asociación por un presunto delito de odio nas protestas pola participación do equipo Israel Premier Tech na Volta Ciclista a España.

Fontes xurídicas informaron de que o Xulgado Central de Instrución 5 da Audiencia Nacional recibiu a denuncia presentada pola asociación Acción e Comunicación sobre Oriente Medio (ACOM), que tamén inclúe delitos de desordes públicas, contra a seguridade viaria e lesións.

O titular do xulgado, Santiago Pedraz, ditou un auto no que incoa dilixencias previas e diríxese á Fiscalía para que se pronuncie sobre a competencia deste órgano xudicial para investigar a denuncia e sobre se procede admitila a trámite.

A denuncia diríxese "contra os autores materiais contra os instigadores e amparadores institucionais", entre os que a asociación citaba á rede RESCOP/BDS e a dirixentes e formacións como EH Bildu, Podemos, Esquerda Unida e Sumar, así como contra o director técnico da carreira, Kiko García.

A asociación xustificou nun comunicado a presentación da súa denuncia ao considerar que houbo "accións organizadas de coacción, bloqueos intencionados da calzada e comportamentos temerarios que puxeron en serio risco a integridade física de deportistas, membros da organización, espectadores e forzas de seguridade".

ACOM, que chegou a solicitar á Audiencia Nacional a cancelación da Volta Ciclista, defínese como unha "organización española que promove a relación entre España e Israel e loita contra o antisemitismo traballando con gobernos, partidos e a sociedade civil".

Nun dos seus comunicados, avanzou que, "tras estas primeiras medidas seguirán outras accións legais contra outros políticos como o ministro José Manuel Albares ou Sira Rego".

Colectivos pro Palestina protagonizaron desde o inicio da Volta varias protestas para pedir que o equipo Israel-Premier Tech deixe a competición, mentres continúan os ataques contra a poboación palestina.

Polo menos 1.500 axentes participarán esta fin de semana nun despregamento policial "extraordinario" en Madrid con motivo do final da Volta Ciclista a España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade