Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Vuelta abandona Galicia con protestas en Valdeorras, pero sen incidentes

A Vuelta abandona Galicia con protestas en Valdeorras, pero sen incidentes

Os manifestantes non chegaron a romper o cordón policial e a proba ciclista partiu do Barco en dirección ao Bierzo

Protestas propalestinas á saída da Vuelta desde O Barco de Valdeorras (EFE/ Javier Lizon)
G24.gal 10/09/2025 14:35

As protestas contra Israel protagonizan a última etapa da Volta Ciclista en Galicia, que este mércores saíu do Barco de Valdeorras para rematar no Bierzo. A saída fíxose con normalidade, sen que as protestas afectasen ao desenvolvemento da proba e tampouco e chegou a romper o cordón de seguridade. Mobilizacións que o ministro do Interior considera necesarias pero sen pór en risco a integridade dos ciclistas.

Marlaska quixo deixar claro o respecto ao dereito á manifestación e ás protestas cidadás que reclaman poñer fin ao "xenocidio" en Gaza, pero insistiu en que debe compaxinarse coa seguridade.

"As forzas e corpos de seguridade, Garda Civil, Policía Nacional van estar aí para garantir o exercicio deses dous dereitos", subliñou. 

Patxi López ía máis alá e pon por riba os dereitos dos cidadáns palestinos. O voceiro do PSOE no Congreso considera que os responsables de La Vuelta deberían entender que hai un "clamor popular" e que "por encima desta manifestación deportiva tamén están os dereitos humanos no mundo".

E dende o PP cuestionan a capacidade do Estado para facer fronte a estas situacións. "Non sei que é máis preocupante, se que España como país non sexa capaz de garantir a seguridade ante un evento deportivo internacional ou que o propio Goberno promova que non poida ser seguro un evento internacional deportivo", declarou a voceira parlamentaria dos populares, Ester Muñoz.

Mentres o director de La Vuelta, Javier Guillén, cre que os incidentes son ilegais e pide a colaboración de Goberno e cidadáns para garantir a seguridade dos corredores, e agarda que non se repitan situacións como a de onte na chegada a Mos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade