Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta Electoral expedienta a Rueda polo anuncio sobre o complemento ás pensións

A Xunta Electoral expedienta a Rueda polo anuncio sobre o complemento ás pensións

A XEG entende que o presidente da Xunta vulnerou "de novo" o deber de neutralidade

Tras unha reunión do Consello da Xunta, Rueda cualificou como "logro" o pagamento do complemento das pensións non contributivas, que neste ano se adianta con respecto aos anteriores

G24.gal 12/02/2024 11:47

A Xunta Electoral de Galicia (XEG) expedienta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola fórmula empregada para anunciar tras un Consello da Xunta o pagamento do complemento extraordinario das pensións non contributivas, que vendeu como “logro”.

O BNG denunciou a intervención de Rueda na conferencia de prensa na que se anunciou a renovación do complemento autonómico das pensións non contributivas, así como a inserción desa noticia na páxina web da Xunta de Galicia, ao entender que teñen connotacións electoralistas.

Denunciouse que estas declaracións supoñían “unha campaña de logros que vulneran” a neutralidade porque ademais de información sobre o número de beneficiarios, incremento de contías ou do adianto do pago respecto de anos anteriores, “as manifestacións do señor Rueda, na súa condición de presidente da Xunta de Galicia, resultan reprochables ao efectuar ademais, outras valoracións que teñen claras connotacións electoralistas na medida en que se refiren aos logros obtidos”.

Deste xeito, a Xunta Electoral entende que Rueda, “de novo” vulnerou o deber de neutralidade imperante para os poderes públicos durante o período que media desde a convocatoria das eleccións ata a celebración das mesmas.

Por iso, estímase a denuncia, ordénase a retirada da páxina web da Xunta de Galicia das manifestacións denunciadas e determínase a incoación de expediente sancionador contra o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar