Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional activa o plan que reforza a seguridade en Santiago

A Policía Nacional activa o plan que reforza a seguridade en Santiago

Os axentes da UIP patrullan no Obradoiro e no casco histórico

Os Tedax, os guias caninos e a Policía Montada reforzarán o dispositivo

Os axentes especializados da UIP, no Obradoiro
G24.gal 20/07/2026 14:40

Co 25 de xullo á volta da esquina, as rúas da zona vella iranse enchendo ata que sexa difícil andar por elas. Aglomeracións aseguradas que fan necesario un reforzo da seguridade."Este incremento de visitantes e persoas que participan nas Festas do Apóstolo fai que un número de persoas elevado coincida ao mesmo tempo en espazos reducidos. O que facemos nós é incrementar esa presenza policial en aras a previr calquera actividade delictiva e que teñamos capacidade de reacción inmediata", comenta Santiago Reboiras, Inspector Xefe da Policía Nacional en Santiago.

Recomendacións

Os axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) están presentes neses puntos quentes da zona histórica desde principios de xullo. A súa presenza é disuasoria, pero teñen capacidade para actuar como antidisturbios ou nun ataque territorista. Pero o habitual son pequenos furtos de carteiras, mochilas ou teléfonos. Así que a policía chama ao sentido común nas súas recomendacións. "Intentar non levar moitos cartos en efectivo, non perder de vista as nosas pertenzas, atender á mochila ou ao teléfono...", concreta Santiago Reboiras.

Os axentes especializados da Unidade de Intervención Policial son só unha parte do plan de reforzo da seguridade. Nos próximos días vanse incorporar os guías caninos, a unidade de subsolo, os Tedax e a Policía Montada que habitualmente patrulla no Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos