Publicador de contidos

Publicador de contidos

As medallas de Galicia 2026 homenaxean catro mulleres da colectividade galega no exterior

As medallas de Galicia 2026 homenaxean catro mulleres da colectividade galega no exterior

A Medalla de Ouro de Galicia concederase a catro galegas do exterior, descendentes de galegos que emigraron hai décadas e son exemplo de integración

EFE/Xoán Rey EFE/Xoán Rey
G24.gal 20/07/2026 12:19 Última actualización 20/07/2026 14:20

As Medallas de Galicia deste ano homenaxean a colectividade galega do exterior. A Medalla de Ouro de Galicia concederase a catro galegas do exterior, descendentes de galegos que emigraron hai décadas e son exemplo de integración, segundo anunciou o presidente da Xunta Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta deste luns.

As galardoadas son Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteles e é vicecónsul honoraria en Mar del Plata; Beatriz Gil, fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia; a odontóloga Camila Fernández, unha das profesionais de referencia no Brasil, que foi presidenta da asociación de empresarios galegos en Río de Xaneiro, e Carla Angola, filla dunha ourensá exiliada tras a guerra civil e hoxe unha das xornalistas máis influentes en Venezuela. Angola reside actualmente en Miami, onde dirixe a súa propia plataforma de comunicación dixital e conta con millóns de seguidores nas redes sociais.

Rueda erixiunas en exemplo do compromiso coa súa terra de orixe, á vez que fan crecer os respectivos países aos que están vinculadas, calidades que estendeu ao conxunto da colectividade exterior.

As Medallas de Ouro de Galicia, que se entregan desde hai anos o 24 de xullo, véspera do Día de Galicia, constitúen o galardón máis importante que entrega o Executivo autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade