A Xunta prevé que as pemes suporán o 65 % dos provedores da fábrica de Altri en Palas de Rei
Francisco Conde reuniuse con alcaldes da Ulloa e Chantada para analizar o impacto de Altri
Estratexia común sobre as necesidades urbanísticas ou de servizos da nova industria
A chegada de Altri a Palas de Rei vai xerar necesidades urbanísticas, de servizos ou de novos investimentos. Por iso, alcaldes das comarcas da Ulloa e Chantada analizaron co vicepresidente económico da Xunta en funcións unha estratexia común.
Francisco Conde subliña que as pequenas e medianas empresas van supoñer o 65 % dos provedores. Os alcaldes son optimistas porque vai xerar emprego e pode dinamizar o tecido produtivo coa creación de empresas auxiliares.
Francisco Conde, que ten previstos máis encontros con alcaldes, subliñou a importancia da colaboración público-privada para un proxecto no que a firma portuguesa vai investir 800 millóns de euros.