Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consello da Xunta aprobará unha serie de axudas de apoio á industria das enerxías renovables

O Consello da Xunta aprobará unha serie de axudas de apoio á industria das enerxías renovables

O presidente da Xunta amosa o seu convencemento de que o sector ten moito futuro, polo que se seguirá apostando decididamente por el

G24.gal 18/05/2023 17:00

O Consello da Xunta aproba mañá unha serie de axudas de apoio á industria das enerxías renovables. Díxollo hoxe o presidente Rueda a responsables da industria naval e da enerxía nun encontro en Ferrol no que tamén participaron representantes do consorcio Navantia-Windar.

Este verán Windar fabrica 62 jackets e 14 cimentacións para Oceanwind a maiores das que lle encarga Iberdrola. Inauguran en cuestión de semanas a fábrica de *monopiles*, así se chaman este tipo de cimentacións das torres eólicas mariñas.

Son 350 empregos directos e indirectos. Andan á procura de traballadores especializados. Windar non desvela cantas encargas recibe Fene e cantas Avilés exactamente pero din que queren seguir en Galicia.

Francisco Arechaga, Windar: "E o futuro do sector no que operamos é un futuro cun potencial tremendo que esperamos aproveitar debidamente econtinuar aquí en Ferrol durante moitos anos máis".
 

Navantia Fene ten capacidade para facer calquera dos tres sistemas de cimentación éolica.  O presidente da Xunta insiste en que Galicia debe aproveitar a oportunidade e promete apoio mesmo na formación de traballadores.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia: "Imos seguir apostando clarisimamente por isto e eu quero dicilo. A Xunta de Galicia considera que a nosa terra, a nosa industria, e todo o tecido empresarial que se move arredor das enerxías renovables ten agora mesmo moito presente pero vai ter motísimo futuro, especialmente aquí nesta comarca de FerrolTerra, e imos seguir apoiando decididamente. Mañá mesmo anunciaremos unha serie de axudas".

Unha das axudas do Consello deste vernes é para empresas que veñan fabricar a Galicia compoñente da eólica mariña e de almacenamento enerxético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade