A Xunta ve "desesperante o ritmo" do Goberno coa eólica mariña e esixe que Galicia sexa "das primeiras"
A Xunta ve "desesperante o ritmo" do Goberno coa eólica mariña e esixe que Galicia sexa "das primeiras"
A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, avanza que Galicia participará na consulta aberta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica
A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, considera "desesperante o ritmo do Ministerio para a Transición Ecolóxica co desenvolvemento da eólica mariña", á vez que avanzar que participará na consulta previa que agora lanzou.
Por parte da Xunta, insistiu "na importancia" de que se desenvolva enerxía eólica, "sempre que repercuta" nas industrias e no abaratamento das facturas eléctricas dos cidadáns.
"Reclamamos que nestas poxas que acaban de ser anunciadas Galicia sexa das primeiras comunidades en que empece a desenvolverse a poxa e por tanto a enerxía", subliñou.
En calquera caso, sinalou que "o que agora está en tramitación é unha consulta previa para procedemento ás ordes de poxas" e dixo que "nesta consulta previa o Goberno galego vai participar reclamando en primeiro lugar que se fagan as poxas en Galicia".
"En segundo lugar, que se teña en conta o territorio, compensacións para os afectados e por suposto tamén a repercusión necesaria dos beneficios económicos e sociais no noso territorio", resaltou.
Por último, adiantou a convocatoria do observatorio da eólica mariña para tratar "que todas as observacións estean coordinadas co sector e a patronal e coas confrarías".