Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta conta con ter en novembro a proposta para renovar o Plan de Normalización da Lingua

A Xunta conta con ter en novembro a proposta para renovar o Plan de Normalización da Lingua

O conselleiro de Cultura destacou o "carácter social" con se enfoca o proceso de renovación

G24.gal 01/04/2025 19:34 Última actualización 01/04/2025 19:48

A Xunta conta con cumprir o calendario previsto e ter en novembro a proposta de renovación do Plan de Normalización da Lingua. Este martes reuníronse os presidentes das once comisións de expertos e, de aquí a finais de mes, a Xunta contactará con 100 entidades.

O conselleiro de Cultura resaltou o "carácter social" co que se enfoca o proceso que destaca, engadiu López Campos,  pola "clara intención participativa".

"De nada vale que exista un acordo político se non existe un acordo social arredor da lingua. Neste caso a mellor maneira de chegar a ese acordo é abrir un proceso de escoita con todas as entidades que teñen certa relevancia no ámbito da lingua. Nese proceso é no que estamos agora traballando para enriquecer o documento do plan xeral", di José López Campos, conselleiro de Cultura.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade