Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aposta pola innovación na produción de mexilla

A Xunta aposta pola innovación na produción de mexilla

Quintana pide a implicación do sector nesta tarefa de innvación, ao tempo que Mar traballa nunha nova normativa de extracción

G24.gal 28/04/2023 14:52

Agora que limitaron as zonas de extración da mexilla, a conselleira do Mar, Rosa Quintana destacou que teñen en marcha máis dunha ducia de proxectos de innovación neste eido e lembrou que para ser competitivo, o sector non pode depender só da mexilla que extraen das rochas.

Por iso convidou as empresas a presentar novos plans de innovación.  Con todo, manteis a revisión constante das zonas ás que poden acceder bateeiros e percebeiros. Explicouno durante unha visita a unha empresa especializada na produción e comercialización de mexillón.

"Que o sector nos poida axudar a seguir definindo con universidades ou centros de investigación da propia Concellería onde máis temos que seguir actuando para mellorar o coñecemento e a achega de mexilla para que se poda producir máis e non dependamos de mexillón que teña que vir de fora", explicou Quintana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade