Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e institucións galegas envían profesionais a Valencia e Axega coordina a axuda

Xunta e institucións galegas envían profesionais a Valencia e Axega coordina a axuda

O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que entre este domingo e o luns Galicia enviará a Valencia un dispositivo para axudar as zonas máis afectadas

Detalla que Medio Rural conta con 70 ou 80 persoas; Axega tamén ten grupos dispoñibles e "unha unidade da Policía Autonómica de rescate subacuático"

Reunión por videoconferencia dos servizos de Emerxencias e Protección Civil das administracións galegas
G24.gal 02/11/2024 15:47 Última actualización 02/11/2024 17:29

Galicia enviará axuda a Comunidade Valencina nas próximas horas. O conselleiro de Presidencia reuniuse cos responsables e os servizos operativos da Delegación do Goberno, a Fegamp, Protección Civil  e Emerxencias de Galicia para concretar os recursos que hai dispoñibles e coordinar a colaboración, atendendo sempre ás necesidades que van trasladando as autoridades valencianas.

Diego Calvo explicou que non se trata de enviar material ou maquinaria, senón que agora mesmo o que se precisa son unidades de intervención preparadas para traballar de forma autónoma sobre o terreo.

Detallou que "Medio Rural ten un dispositivo dunhas 70 ou 80 persoas", do mesmo xeito que Axega, que tamén ten grupos dispoñibles para prestar axuda, e tamén "unha unidade da policía autonómica de rescate subacuático".

O conselleiro lembrou que Galicia xa enviou o mércores pasado o helicóptero Pesca 1 para colaborar en tarefas de rescate e reiterou que a Xunta está en comunicación permanente con Emerxencias de Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar