Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta analizará co comité clínico se recomenda o uso da máscara no patio dos colexios

A Xunta analizará co comité clínico se recomenda o uso da máscara no patio dos colexios

Feijóo confirma que se prorroga o uso dos certificado COVID

G24.gal 09/02/2022 15:04

O comité clínico que asesora á Xunta vai analizar na súa próxima reunión se recomenda o uso da máscara nos exteriores dos colexios (accesos e patios de recreo) mentres todos os maiores de cinco anos non teñan a pauta completa da vacina. O presidente galego Alberto Núñez Feijóo avanza que levarán esta proposta aos expertos ante a "contradición" da norma que acaba de aprobar o Goberno sobre as máscaras e o protocolo que ten en vigor para os colexios.

"Hai unha contradición entre o texto e o protocolo educativo e se non queren contestar a esa contradición o comité clínico galego dirá se recomenda o uso da máscara nos recreos cando o espazo é limitado e cando a interacción de nenos e nenas non permite a distancia de seguridade de un metro e medio", afirmou Feijóo.

O presidente da Xunta tamén anuncia que o certificado COVID, cuxa vixencia caducaría o sábado, seguirá sendo obrigatorio para hostalería ou espazos culturais ou deportivos.

"Imos pedir unha prórroga para pedilo para entrar nos mesmos sitios que ata agora", explica Feijóo.

Esa prórroga manterase mentres non se complete a vacinación en todos os grupos de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade